Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

domingo, 20 de mayo de 2018

Pitiños, patiños, añiños ... primavera




Ó longo deste mes de maio son moitos os Centros educativos, familias, grupos... que se achegan ata Lodoselo. Aquí os agardamos cunha manchea de actividades de relación co medio, coa xente, cos animais. E si, xa ten cría a parella de Cegoñas que temos na Lama pero tamén máis pitiños, patiños (grazas a Ángel Isaac), coelliños... Pavos, galiña de Guinea...  e a punto de parir algunhas ovellas para seguir gozando desta primavera vizosa aínda que castigada, a estas alturas (metade de maio) por algunhas xeadas. Velaquí uns pequenos vídeos de Tomás:






Patiños na fonte do Carrejal 


                               Máis pitiños na horta 



Se onte, cando fixemos esta entrada, diciamos que estaba xa algunha ovella a punto de parir, hoxe, domingo 20, apareceu a primeira cun parto doble; unha parella de añiños. Así que facemos este engadido. Esta nai (70) foi a primeira que naceu aquí e é un bo exemplo do prolífica que é a ovella galega. O seu anterior parto foi en novembro (unha parella) e velaquí, seis meses despois, aparece con outra parella.



miércoles, 16 de mayo de 2018

E viñeron os rapadores



   Pois si, o domingo 13 de maio a partir das 19 horas viñeron os rapadores; unha moza e un mozo da montaña de Lugo que ademais de rapar as nais e o carneiro fixéronlle os pés. Tamén coa axuda de Fran aproveitamos para desparasitar... Así que, volta completa. E agora xa temos la para o fiadeiro, la que tamén empregamos para acolchar no invernadoiro... Porque este, noutro tempo apreciado produto, neste momento non ten ningunha saída. Algún ano aparece alguén para levala regalada. Este ano nin eso. 
Algo de frío deberon pasar esa noite pero xa ó día seguinte co sol retozan polo campo da Lama.