Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

viernes, 22 de diciembre de 2017

José Miguel Campos Rivela, nomeado Director



         

   Recibimos unha boa nova que saudamos con moitísima ledicia. Compartímola aquí porque sabemos que tamén estas cousas nos fan medrar como asociación, como pobo, como comunidade. Porque, aínda que lonxe de aquí, son  moitas as familias, as persoas que traballaron e contribuíron - traballan e contribúen- co C.D.R. "O Viso".  
  Tra-la xubilación do anterior Director da Estación Experimental do Ebro o investigador José Miguel Campos é nomeado para este cargo.         Parabéns José Miguel!!!  


            Estación experimental do Ebro

El IRTA es un instituto de investigación de la Generalitat de Catalunya, adscrito al Departamento de Agricultura, Ganadería, Pesca y Alimentación.
La misión del IRTA es la de contribuir a la modernización, competitividad y desarrollo sostenible de los sectores agrario, alimentario y acuícola, al suministro de alimentos sanos y de calidad para los consumidores y, en general, a la mejora del bienestar de la población.

jueves, 30 de noviembre de 2017

Xornadas de formación d@s traballador@s do CDR


   O martes 28 e mércores 29, de novembro, tiveron lugar, nas dependencias do Centro de Inclusión, dúas sesións de catro horas para a formación continua do persoal da organizaión na procura dunha mellora permanente. 
    Porque non só somos o que sabemos; somos, sobre todo, o que estamos dispostos a aprender. 
  Miriam do equipo MasAcción desenvolveu nestas dúas tardes o monográfico "Resolución de conflito con CNV en ámbito xeriátrico"; a observación, a expresión de sentimentos, a expresión de necesidades e o diálogo (dificultades para escoitar, a escoita empática). Moitas grazas. 
   A calidade non é un estado conseguido senón un proceso de cambio e busca permanente: esta segue a ser a nosa teima. Apostar pola mellora permanente é unha das nosas orientacións básicas. 

sábado, 4 de noviembre de 2017

Cruz Vermella Allariz e Maceda en Lodoselo. Graciñas!


Neste outono tardío e no primeiro fin de semana de novembro tivemos con nós un grupiño realizando as actividades do Pobo escola. Unha data especial porque despois de seis anos xa non está Marta e estrenábase Tamara; ademais contamos coa presenza de Juan. Con eles, como non, Alberto. E un grupo de persoas, educadoras, que traballan con estas crianzas de Allariz e Maceda facendo apoio escolar e que este sábado pasaron a xornada con nós: facendo o pan no forno, dándolle pan as ovellas e sacándoas a pacer, paseando no carro polo que Fariñeiro tiraba, no obradoiro de papel reciclado, no invernadoiro e coas galiñas, patos, pavos, coellos... E con Néboa, a mastina amiga de tod@s.  E xogando no campo da Lama ós xogos de sempre; un campo que comeza a tinguirse de verde despois de meses seco; e acompañados polas follas que pisamos que nos lembran que estamos no outono. 
Tamén a este grupo, como a todos os que veñen, moitas grazas por escoller Lodoselo para pasar un día diferente; por compartir con nós algunhas lembanzas... Algunha educadora contounos que estivera de nena, xa hai uns cantos anos, co colexio de Maceda facendo aquí tamén o pan e o papel reciclado... Grazas a tod@s; tamén pola peza de pan que nos deixastes para que o probaramos.
E, grazas, neste día especialmente a Marta por este tempo que compartiu con nós, por ser tamén un dos rostros do CDR O Viso, un máis; pola súa loita cotiá facendo posible o necesario. Moitísima sorte nesta nova etapa. E moita sorte tamén para Tamara. Acostumados que non afeitos, a dicir adeus e ola, facemos nosa unha cita que lemos de G. García Márquez "lembrar é fácil para o que ten memoria; esquecer é difícil para o que ten corazón".  

lunes, 16 de octubre de 2017

Día e noite. Vida e morte.


 
Velaquí o pimeiro nacemento deste "veroño". O sábado naceu esta pequena cría en Lodoselo. A tempada que leva pasado a facenda que anda no monte non ten sido nada boa con esta seca. Nin pasto, nin froita (mazás, sobre todo) que caia das árbores coma outros anos, nin landras... Con todo, imos indo. 
Pero, tamén traemos aquí a outra imaxe cun só día polo medio. O país ardendo ó longo do domingo e o "luns negro". Os que cremos que a educación ten que ter unha necesaria relación co medio que permita o arraigo co territorio atopamos que dias así fannos dubidar da especie humana. Haberá que admitir aquilo de que canto máis coñezo á xente máis lle quero ó meu can /cadela (Néboa)? Hoxe sí. Porque está claro que non arde o monte, queiman o monte e con el a vida. Estamos tristes, enfadados. 






 Estas son algunhas imaxes do día de hoxe na Limia. Xinzo de Limia ás 13.43 e ás 14 h. Tomadas de Ricardo Sieiro, Montse Lama e Xosé Calleja. Irrrespirable, espantoso, arrepiante.A xente maior atónita por esta "noite en pleno día" e o alumnado do colexio aínda máis perplexos, perturbados. 



lunes, 25 de septiembre de 2017

LODOSELO redescubre a súa beata. A Voz de Galicia. 24 de setembro

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/sarreaus/2017/09/24/lodoselo-redescubre-beata/0003_201709O24C8991.htm

La religiosa limiana Dorinda Sotelo será subida a los altares en noviembre, tras trece años de trámites


XINZO / LA VOZ 
El beato es un difunto cuyas virtudes y atributos espirituales especiales han sido reconocidas por el Papa. Puede ser honrado con culto por los católicos. Solo una veintena de ourensanos gozan en la actualidad de tal honor. La siguiente, en noviembre, será una humilde religiosa limiana nacida en Lodoselo (Sarreaus) el 16 de febrero de 1915. Una ceremonia en Madrid, presidida por el prefecto para la Congregación de las Causas de los Santos, el cardenal Ángelo Amato, pondrá el punto y final a un largo proceso de tramitación eclesiástica iniciado hace ahora 13 años en Valencia. Ese tributo está reservado a aquellos que entregaron su vida por defender la fe y supone el paso previo a una eventual canonización.

Su aldea natal se prepara para el gran día. No serán pocos los antelanos que se desplacen hasta la capital de España ese día para asistir a la ceremonia. Uno de las primeras actividades preparatorias aconteció el pasado 17 de agosto, durante la fiesta del pueblo. Un retrato de la futura beata, diseñado en Italia por encargo del arzobispo de Belcastro, el también limiano José Rodríguez Carballo, preside ya uno de los laterales del templo del pueblo. A más largo plazo, la edición de un libro y una bibliografía sobre la finada religiosa serán impulsadas por la parroquia y la diócesis.
La historia de Dorinda Sotelo Rodríguez es poco conocida para muchos vecinos de su comarca. Era la mayor de cuatro hermanos, todos ya fallecidos, e hija de labradores. «Desde muy joven manifestó su vocación religiosa», señala el párroco de la aldea, José Manuel Sobrino Fernández. Cursó sus estudios en Ourense, en el colegio de la Purísima. Posteriormente se desplazó a Madrid y luego a Barcelona. Eran los albores de la guerra civil española. En la ciudad condal, Dorinda tuvo la opción de escapar del acoso de los milicianos republicanos. «Al ser aún novicia, su superiora le ofreció la opción de volver a casa, algo que ella rechazó», expone el párroco. Un médico refugió a la joven y a otra compañera en su casa, figurando ambas como empleadas del hogar. No valió de nada. Fueron denunciadas como religiosas y martirizadas el 24 de octubre de 1936. «Se la asesinó con una gran saña. Su cadáver quedó irreconocible a consecuencia de las heridas», relata el sacerdote de Lodoselo.

La casa natal de Dorinda aún se conserva en buen estado en el casco histórico de Lodoselo. En su patio todavía se mantiene un viejo retrato de la futura beata y otro de sus padres. Varios sobrinos de la religiosa viven en Sarreaus. Sus vecinos no ocultan su satisfacción por el reconocimiento a la beata. «Es una satisfacción para el pueblo. Fue una persona apegada a su aldea», asegura una lugareña.

«El día que colocamos su retrato en la iglesia fue muy especial. Esa jornada hubo una enorme carga emotiva entre los fieles, muchos de ellos lloraron. Dorinda es una hija de Lodoselo, fue bautizada en una vieja pila que aún se conserva en el templo. Varios de sus sobrinos viven y es una familia de toda la vida del pueblo», asevera Sobrino Fernández.
Desde mediados de noviembre, aquella sencilla Hija de la Caridad podrá ser reverenciada en los templos.

domingo, 20 de agosto de 2017

Sor Dorinda Sotelo: retrato na igrexa de Lodoselo


José R. Carballo, arzobispo de Belcastro, Pepe, para os veciñ@s, presidiu un acto o día 17 de agosto na igrexa de Lodoselo, que el mesmo califica de moi emotivo na prensa. 

«El jueves tuvimos un acto muy emotivo en la iglesia de Lodoselo. Se inauguró allí un retrato de la que será la primera beata del municipio de Sarreaus, Dorinda Sotelo Rodríguez. Tendrá ese reconocimiento el 11 de noviembre en Madrid. Es una gran noticia y un enorme orgullo para un pueblo pequeño», aseguró.
Dorinda Sotelo fue una novicia de la orden de las Hijas de la Caridad que murió en 1936 con tan solo 21 años. Fue la mayor de cuatro hermanos. Hija de labradores muy humildes, fue asesinada al inicio de la Guerra Civil. «Su cuñada aún vive en el pueblo y tiene sobrinas allí», comenta el arzobispo. La provincia ourensana cuenta en la actualidad con dos santos y veinte beatos.












domingo, 9 de julio de 2017

Campamento verán 2017

Fomos engadindo aquí algunhas imaxes do día a día... Na rectoral; no campo da Lama; na aula da Natureza (act. ambientais de recoñecemento de árbores e contacontos nas cabanas); nos diferentes obradoiros; cos animais; na piscina municipal de Sarreaus; coa actividade de cociña intercultural (Noruega, Hawai, México, Marrocos); coas tendas de acampada; nos desprazamentos...  Con Belén e Iñaqui de Alicornio Organic Liquors / Licores Ecolóxicos Alicornio en Sarreaus; vendo o nacemento de dous años; montando unha verbena dun pobo con bar, orquestra, colchonetas e tiro... Pasándoo ben! Moitísimas grazas a tod@s os que fixestes isto posible. Parabéns!!!

viernes, 12 de mayo de 2017

Xeada matadora o 27 de abril



Despois dun mes de abril cunhas temperaturas cálidas, aínda que con escasísimas precipitacións, viñeron unhas xeadas (falouse de menos sete e menos oito graos) que deixaron aniquilados todos aqueles brotes que estaban vizosos polo bo tempo. 
Así as patacas que brotaran, os plantíos que se puxeran (verza, remolacha...), os castiñeiros, os nogais... e ata algúns carballos (o quercus pyrenaica) sufriron unha noite aniquiladora. A froita que xa se vía enxendrada (algunhas cereixas, peras...) tamén quedou chamoscada. O centeo, o trigo, a herba, o buxo de arredor da vivenda comunitaria... Muchou todo!
O vento destes días estalles arrincando as follas e nalgúns momentos isto parece o outono. 

Algunha xente maior lembrávanos o ano da fame; de cando veu unha xeada así e levara o pan...
Afortunadamente son outros tempos e temos outros posibles (que entón non había) pero é sangrante  pasear polo nosa contorna e ver o que lle está costando á natureza reporse; mesmo en algunha árbore que quedou totalmente abrasada estalle abrindo a casca... Chegará a secar?