Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

jueves, 21 de febrero de 2013

Curso en Lodoselo dentro do Plan de Formación no Eido do tempo libre 2013


cartel_pdf2013
Plan de Formación no eido do tempo libre 2013

Curso: Educación e terapia asistida con animais de granxa

Número de horas:  30

Número de prazas:  25

Contidos:
Módulo I. Fundamentos da TEED asistida con animais: principais conceptos e referentes.
Módulo II.  O equipo de traballo en TEAA.                                                                                
Módulo III. Os animais de terapia.                                                                        
Módulo IV. Colectivos que poden beneficiarse da intervención en contextos de granxa, claves e
contraindicacións.                                  
Módulo V. A educación facilitada con animais de granxa.                                  
Módulo VI. Os animais de granxa como recurso terapéutico.
Módulo VII. Metodoloxía de traballo nos programas de terapia asistida con animais de granxa                                                                      
Módulo VIII. Deseño específico de actividades educativas e terapéuticas na granxa.                                                                                                
Módulo IX. Proxecto conexión granxa: intervención psicosocioeducativa facilitada con animais de granxa
e o seu contexto dirixido a nenos e nenas e mozos e mozas en situación de vulnerabilidade.

Modalidade: presencial.

Lugar de impartición: Lodoselo (Sarreaus – Ourense).

Data de inscrición: aberta ata 15 días antes do inicio do curso.

Data prevista de realización: do 17 ao 19 de maio de 2013.

Horario: das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 21.00 horas.

Equipo persoal imprescindible: Non inclúe manutención nin pernoita.


Para máis información, apuntarte... vai á páxina de xuventude.net  http://xuventude.xunta.es/plan-de-formacion-no-eido-do-tempo-libre-2013.html

lunes, 11 de febrero de 2013

Febreiro en imaxes: Entroido, Aspronaga...


O Meco que fixeron e colgaron a carón da Vivenda Comunitaria.

 
O grupo de Aspronaga, antes de que nevara, cos xogos
 
                                               


  
                                          Naceron outras 2 añas e "xa case parece un rabaño"...




A entrada ó Centro de día presenta este (poña vostede o adxectivo que corresponda) aspecto...
Seguimos á espera de que o Concello de Sarreaus arranxe isto (cousa que quedou en facer). Foron máis "lixeiros" para cobrar as licenzas (sen ter en conta que se trata dunha asociación sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública) ou facernos tirar un anaco dun galpón que levaba máis de 20 anos construído !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
   Cando a inxustiza se converte en lei, a rebelión convértese en deber.