Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

jueves, 5 de julio de 2012

Foto para a Memoria

Desde Nova York Nancy Fontarigo fainos chegar esta foto na que está o seu pai -Paquito- con outra xente do pobo. Moitas grazas. Ahí está Plácido, Ramiro... A quen recoñeces?

lunes, 2 de julio de 2012

Autoxestión da saúde organizou un encontro de pedagoxía Waldorf en Lodoselo

Este pasado fin de semana tivemos a sorte de acoller en Lodoselo a máis dun cento de persoas que se deron cita aquí convocados por Autoxestión da Saúde. Foi unha gozada compartir estes días, moitas grazas.
Isto é o que aparecía na súa páxina e engado unhas fotos do encontro.

http://autoxestiondasaude.org/index.php/es/


I Encontro teórico-práctico de
pedagoxía Waldorf
  
Datas do obradoiro: Sábado 30 de Xuño e Domingo 1 de Xullo

Descarga do documento completo do obradoiro (Para máis información)

*Para visualizar o documento debes estar rexistrado.
Lugar: Centro de Desarrollo Rural (CDR) "O Viso", Lodoselo, Concello de Sarreaus, Ourense. Para máis información sobre o lugarhttp://www.cdroviso.org/
Horario: De 10:00 a 14:00 e  de 15:30 a 17:30 o sábado; de 10:00 a 14:00 o domingo.
Matriculación: a matriculación será obligatoria (para adultos e nenos maiores de 3 anos) para a mellor organización do Encontro, aínda que como ven sendo habitual, non existe precio de inscrición establecido. Cada asistente terá a posibilidade de aportar anónimamente ao final ou no transcurso do curso o que en conciencia considere oportuno. Os beneficios destinaranse a alimentar de diferentes formas o proceso pedagóxico Waldorf.
O único que se cobrará, será en caso de coller aloxamento e manutención (optativo).
 Aloxamento e comida: no CDR de "O Viso" existe a posibilidade tanto de pernoctar en réxime de albergue como encargar comida de elaboración caseira. Os asistentes poden tamén levar a súa propia comida, merenda ou cena.
Para a reserva, é preciso seleccionar no formulario as diferentes opcións (tanto en aloxamento como comida).
O aloxamento será en albergue, habendo 40 camas (20 literas) en total, repartidas en 4 habitacións. O prezo do aloxamento son 10€ por persoa.
Na manutención hai diferentes opcións: comida do sábado 30 (10€ por persoa), cea do sábado 30 + almorzo do domingo 1 (10€ por persoa), comida do domingo 1 (10€ por persoa).
A hora de facer a inscrición, cada persoa da familia debe realizar unhainscrición distinta (a partir dos 3 anos).
O importe total de manutención e aloxamento debe ingresarse no número de conta 2080 5283 55 3040003411 , antes do mércores 27 (non incluido), especificando en concepto "nome e apelidos". En caso de ser varios integrantes na familia, o pago farase conxunto, sumando todos os importes e especificando en concepto os integrantes da familia.
Todas estas opcións deben elexirse a hora de facer a inscrición.