Benvida/o ó blog do CDR " O Viso"

Benvida, benvido ó blog do Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".................. O que cres é o que creas.

sábado, 16 de junio de 2012


Rogelio Martínez asiste á inauguración do centro de día Lodoselo, en Sarreaus

Este servizo depende do Centro de desenvolvemento rural “O Viso” que nos dous últimos anos recibiu da Xunta de Galicia preto de 65.000 euros
O delegado territorial indicou que a Xunta de Galicia mantén a súa aposta de mellorar a calidade de vida dos maiores
  • Rogelio Martínez asiste á inauguración do centro de día Lodoselo, en Sarreaus
    Rogelio Martínez asiste á inauguración do centro de día Lodoselo, en Sarreaus
Ourense, 15 de xuño de 2012.- O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez e o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, acudiron ao acto de inauguración do centro de día que o CDR (centro de desenvolvemento rural) “O Viso” pon en marcha en Lodoselo, no concello de Sarreaus.
Os centros de día defínense como centros xerontolóxicos socio-terapeúticos e de apoio ás familias que prestan atención integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia no contorno habitual. Coa posta en funcionamento deste servizo, o CDR “O Viso”, completa a súa oferta social de apoio e asistencia social aos maiores que abrangue desde comedor social e lavandería, ata unha vivenda tutelada.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da súa xefatura territorial en Ourense, desde o ano 2010 vén de colaborar con esta entidade outorgándolle subvencións acollidas a Orde de axudas a entidades de iniciativa social, por un importe de preto de 65 mil euros.
Rogelio Martínez eloxiou esta iniciativa que responde ás necesidades dun colectivo importante, tendo en conta que o 22% dos galegos e galegas teñen máis de 65 anos e precisan unha maior atención. Neste senso, subliñou que “a procura do máximo benestar e a mellora da calidade da vida dos maiores galegos e galegas é un obxectivo prioritario e irrenunciable para a Xunta”.
Así o demostra o Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013,que se puxo en marcha xa no primeiro ano da lexislatura. Este plan contempla 69 medidas das que en 2011 se executaron preto do 70 por cento. No que vai de lexislatura, cuadruplicouse o número de persoas maiores dependentes atendidas.
 http://www.xunta.es/notas-de-prensa/c/Autoplay?content=nova_estandar1182.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario